Asalto ao castelo
Icono YouTube Icono Facebook Icono Twitter

Voluntariado

Actualmente, o Asalto é un macro evento con multitude de actividades que require de moita xente na súa organización. Aquí tes algunhas opcións para colaborar:

Se queres, podes arrimar o ombreiro nas múltiples áreas: tan só tes que dicirnos onde te defendes mellor dentro do amplo abano de posibilidades.

Indo máis lonxe, se tes dotes artísticas ponte en contacto con nós, pois de xeito individual ou grupal podes ter o teu espazo no programa.

Se eres veciño de Vimianzo, podes participar no IV CONCURSO DE FACHADAS, coa idea de irmos creando entre todos un ambiente de época que engalane a vila. Ademais, recoméndase a toda a veciñanza vestir ao xeito dos irmandiños para, así, motivar aos visitantes coa idea de que tamén se disfracen

Xa por último, podes colaborar cun donativo que axude a paliar os numerosos gastos que conleva a festa. Non esquezas que somos asociacións sen ánimo de lucro pero que, aínda que non pedimos porta por porta, necesitamos cubrir un orzamento esixente se de festa con calidade queremos falar; ademais, pregámoste que valores o feito de que aínda resistimos a ter que cobrar entrada polo acceso ao festival. Se cres que paga a pena o ASALTO podes colaborar a través da “FILA CERO” facendo a túa doazón no número de conta ES61 0133 6801 7942 0000 1284.

Se te animas nalgunha das moitas posibilidades de colaboración, non tes máis que contactar coa organización a través de festa@asaltoaocastelo.org e dicirnos onde podes axudar. Estaremos encantados de poder contar contigo.