Icono YouTube Icono Facebook Icono Twitter

CANCELADA – Pito real en salsa arábica

6

Descrición

O Bodegón A Lareira permanecerá fechado estes días. Desde a organización damos o noso apoio á familia que o está a pasar mal nestes momentos.

Ingredientes: Polo, cenoria, cebola, allo, loureiro, tomiño, cogomelos, champiñóns, vinagre, laranxa, limón, pementa, sal e aceite de oliva

Elaboración: Prepárase na tixola o allo e a cebola. Pónselle sal e pementa ás peitugas de polo e dóuranse nunha pota.  Sácanse e córtanse en dous. Engadimos en dados os champiñóns, os cogomelos e as cenorias e deixamos que se cozan con loureiro e tomiño. Quitamos a pel da laranxa e do limón, picámola en xuliana e botámola na pota. Exprimimos o zume de laranxa e limón, engadimos medio vaso de vinagre e deixamos cociñar o polo.

 

Ónde atopala

Bodegón A Lareira