Icono YouTube Icono Facebook Icono Twitter

O niño do Marqués de Altamira

2

Descrición

Ingredientes: Para a espetada: polo, touciño entrefebrado, porco, champiñón, ourego, tomiño, azafrán, sal e aceite. Para a tarte: tartalette, touciño entrefebrado, queixo e ovo. Para a salsa: maionesa, ourego, tomiño e azafrán.

Elaboración: Para a realización da espetada, picamos o polo e o porco en anacos. A espetada leva dous anacos de cada, unha das pezas de polo irá envolta en touciño entrefebrado. A orde sería: polo con touciño, porco, polo e medio champiñón ao final. A espetada báñase en aceite con especias: ourego, tomiño, azafrán e sal. Faise na prancha. Para a salsa precisamos maionesa e ourego, tomiño e azafrán. Mesturamos todo. Despois, salteamos o touciño e enchemos a tartalette con el e con queixo, para finalmente engadir o ovo e levar ao forno.

 

Ónde atopala

Restaurante Vázquez