Reivindica con nós o Castro das Barreiras!

Reivindicacion_castro_barreiras_vimianzo

Este sábado 25 de xuño celebramos o solsticio de verán dun xeito diferente no Castro vimiancés das Barreiras. Unha tarde de xogos, comida campestre, música, convivencia… e fútbol gaélico! Precisamente esta semana vimos de publicar o vídeo que recolle a que foi a primeira Reivindicación do Castro das Barreiras. Unha idea de Vicente de Souza, dirixida por Xacio Baño, premiado recentemente nos Mestre Mateo.

Este sábado teremos ademais representación da Selección Galega de Fútbol Gaélico. Moitas razóns para que veñas quentar motores para a gran semana do Asalto ao Castelo. Non faltes!