IX Pinchos Irmandiños – Premiados

Os clientes dos 16 locais participantes nos IX Pinchos Irmandiños puideron votar nunha edición máis no concurso que organiza o Asalto ao Castelo de Vimianzo. O mellor pincho foi para O niño do Marqués de Altamira do Restaurante Vázquez, mentres que o mellor local decorado levouno a Parrillada Montevideo. Pola súa banda, os participantes que votaron no concurso entraron nun sorteo dun lote de produtos Mahou en función do peso da persoa gañadora, neste caso Ismael Fuentes Rojo.gañadores pinchos