IV Concurso de Fachadas – Premiados
Na tarde do sábado do Asalto fíxose entrega dos premios do IV Concurso de fachadas. O xurado valorou nesta ocasión a singularidade e o traballo na decoración, que, como apuntaron, cada ano vai a máis e se pon máis difícil a elección. Nesta edición houbo premios para vivendas e para establecementos de forma diferenciada. Deste xeito, na categoría de vivendas o primeiro premio foi para un balcón do número 28 da Praza Roxa e o segundo para a fachada do número 16 da rúa Castelao, con cabeza de dragón incluída. Na categoría de establecementos, o primeiro galardón levouno o escaparate de Carola Moda e o segundo MD Carril, os dous tamén na rúa Castelao.
TODAS AS IMAXES NO ÁLBUM