Irmandades Parroquiais da Terra de Soneira

As parroquias, asociacións ou mesmo grupos guiados da comarca histórica da Terra de Soneira (concellos de Vimianzo, Zas, Laxe, Camariñas e Cabana) unidos por un espírito de colectividade participan nas V Irmandades Parroquiais da Terra de Soneira.

A Irmandade Parroquial consiste nun desfile de parroquias formadas por mulleres, homes, nenas e nenos de todas as idades, que avanzarán dende diferentes puntos de saída até chegar ao centro da vila, a praza do concello, co obxectivo de reivindicar a Revolta Irmandiña.

Se queres participar, ponte en contacto connosco a través das nosas redes sociais. (Facebook, twitter e instagram)

Para seguir o desenvolvemento das Irmandades déixate sorprender no centro da vila desa hora, e baila con elas até chegar á praza. Desde aquí o agradecemento a todas as asociacións e veciñanza da comarca que fan posible este fermoso momento de unión.

SÁBADO 1 DE XULLO 19:00 | (Praza da Igrexa – Praza do Concello)