Feira Artesanal

Con motivo da celebración da festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo, a A.C. CHERINKAS nesta XXVI edición impulsa a XI FEIRA ARTESANAL que se celebrará o sábado 1 de xullo de 2023.

 

Encadrada no programa de actividades do Asalto ao Castelo, volverá ter cabida na praza do Concello e na rúa Vázquez Mouzo e contará cos atractivos derivados da ampla variedade artística que animará esa zona en todo momento.

 

O prazo para apuntarse como feirante xa está aberto, os interesados en participar deberán ter en conta e aceptar as seguintes bases:

-Débese formalizar a inscrición en tempo e forma. O prazo para inscribirse remata o xoves 29 de xuño. A inscrición será realizada de forma telemática a través do formulario que aparece máis abaixo.

-Debe aboar 20€ por cada tramo de 3 metros de posto (de 1 a 3 metros=20€, de 4 a 6metros=40€ e de 7 a 9 metros=60€). O ingreso realizarase no seguinte número de conta (ES14 2080 0082 4630 4000 8967 – Abanca). A metade dos cartos ingresados funcionan como fianza e seranlle devoltos no caso da súa asistencia á feira, mentres que a outra metade servirá como fondo para a colaboración coa festa do Asalto ao Castelo. En caso de non asistir non se devolverá o importe aboado.

-Debe achegar xustificante de pago, onde figure o nome e apelidos do feirante, o nome do posto e sinalando como concepto “FEIRA ARTESANAL”. Este pode ser fotografado ou escaneado e enviado a través do formulario que abaixo consta, ou mediante a conta de correo (info@asaltoaocastelo.gal).

-Os postos colocaranse nas zonas habilitadas para tal efecto o día da feira, previa autorización da persoa coordinadora da feira, polo que ningún posto se pode montar sin antes obter autorización, NON nos rexiremos polo criterio de orde de chegada para escoller o punto de colocación. Haberá zonas nas que estará prohibido colocarse, debido a que se utilizarán por parte da organización da festa, necesarias para a realización das diversas actividades dese día (ver plano ex profeso). A orde de inscrición será un criterio a seguir á hora de asignar os puntos de montaxe naqueles casos que haxa conflito de intereses.

-Non se aceptan postos de revenda nin de produtos de segunda man, tan só postos de venda de produtos artesanais.

-Non se aceptan postos que ofrezan comida ou bebida. Porén, si se aceptan os produtos ecolóxicos/naturais, sempre que non estean destinados a seren consumidos durante a feira.

-Prégase que estea decorado e ambientado ao xeito do medievo na medida do posible.

-Prégase que os feirantes vistan ao xeito medieval, co fin de non desentoar no ambiente da festa.

-A organización resérvase o dereito a excluír, o propio día da feira, a aqueles postos que non cumpran coas bases aquí establecidas, quedando estes fóra da feira artesanal. No suposto caso de realizar o ingreso e non cumprir coas bases actuais, os cartos non lle serán reembolsados. Do mesmo xeito, os cartos tampouco lle serán reembolsados se finalmente o posto non puidese asistir á feira.

-Dado que na actividade do Asaltiño se utilizan pistolas de auga, nun momento puntual, é moi recomendable traer algún material para protexer a mercancía exposta no stand. A organización non se fai responsable dos deterioros que se poidan producir.

 

Para máis información: info@asaltoaocastelo.gal

 

Formulario para reserva de espazo na Feira

    Nome*

    ¿Participou en anteriores edicións da feira artesanal?*

    SiNon

    Procedencia*

    E-mail*

    Teléfono*

    Medidas do seu posto*

    Nome comercial do Stand*

    Traballo artesanal e produto que comercializará*

    Xustificante de pago

     

     

    *Campos obrigatorios.