Asalto ao castelo
Icono YouTube Icono Facebook Icono Twitter

Concurso de fachadas

A organización quere premiar o traballo da veciñanza que decora as fachadas dos edificios ambientándoas no século XV. Alén da propia decoración medieval das rúas que prepara a organización, e a dos bares que participan nos pinchos irmandiños, é de vital importancia a colaboración dos vimianceses para decorar as fachadas e locais.

Na convocatoria do IV Concurso de fachadas, vista a demanda de anos anteriores, premiaranse por unha parte as vivendas e por outra os comercios engalanados.

Bases:

  1. As fachadas deberán estar engalanadas, como mínimo, venres 1 e sábado 2 de xullo. Recoméndase que as fachadas luzan decoradas durante toda a semana da festa.
  2. Pode participar calquera casa, piso ou baixo comercial da vila de Vimianzo, quedando só excluídos os locais hostaleiros (bares, restaurantes e pensións). Unha mesma fachada pode ter distintos concursantes.
  3. prazo para presentarse ao concurso remata o mércores 29 de xuño.
  4. A inscrición formalizarase enviando un correo a festa@asaltoaocastelo.org no que debe constar: nome e apelidos do/a concursante, teléfono, enderezo exacto da fachada (ou piso) coa que participa.
  5. O xurado -que se fará público en tempo e forma- escollerá, en decisión inapelable, os seguintes premios:
  • Vivendas:
  • 1º Premio: Vale de compra por valor de 50 €
  • 2º Premio: Menú castrexo para dúas persoas
  • Comercios (e outros establecementos non residenciais):
  • 1º Premio: Menú medieval para dúas persoas
  • 2º Premio: Menú castrexo para dúas persoas

 

  1. O concurso pode quedar deserto se o xurado considera que as fachadas presentadas non presentan calidade suficiente.
  2. A decisión do xurado farase pública durante o propio sábado 2 de Xullo, ás 19h15 na Praza do Concello. Posteriormente tamén se publicará o resultado nas redes sociais.

Formulario para inscrición no concurso

Nome e apelidos*

E-mail*

Teléfono*

Enderezo fachada*

*Campos obrigatorios.