Asalto ao castelo
Icono YouTube Icono Facebook Icono Twitter

Cea Medieval

ceaMedieval

Unha das actividades do Asalto que esperta máis interese é a Cea Medieval. Con seis edicións, xa é unha actividade consolidada e cada ano aumenta o número de peticións de entradas para degustar un menú propio da época no venres anterior ao Asalto, este ano o 1 de xullo. O entorno no que se sitúa a cea, o foso do castelo, é un dos elementos que máis atrae ás xentes, sendo tamén o que limita o evento, pois nel non podemos reunir máis de 400 comensais.

Ao igual que o ano pasado, e co gallo de evitar calquera inxustiza, procedemos a aclarar como será o sistema de venda de entradas (prezo de 25 €) para a VII edición da Cea Medieval.

1) Haberá un primeiro prazo de venda de entradas para patrocinadores e colaboradores. Este prazo rematará o 31 de maio. O número máximo de entradas que se poden comprar é de 2 por persoa. As entradas terán que ser solicitadas a Diego Hermida (festa@asaltoaocastelo.org ou 660 755 517 – preferiblemente por Whatsapp).
A xente que aínda non estea identificada como axudante e desexe botar unha man, pode anotarse a través de Diego Hermida e, ao mesmo tempo, para comprar entradas para a cea se o considera oportuno.

2) A partir do 1 de xuño e ata esgotar existencias poranse en venda as entradas que queden libres. O máximo número de entradas a sacar nesta fase será o de 4 por persoa. As entradas tan só se poderán obter a través do portal de venda online www.ataquilla.com.

Noutra orde de cuestións, ao igual que o ano pasado, haberá “Apertura de portas” a partir da 01h da madrugada para calquera público interesado, momento en que haberá música e festa a esgalla.