Legua irmandiña

Ao abeiro da festa do Asalto ao Castelo, organízase esta carreira popular o sábado 24 de xuño de 2023, vertebrada co Castelo e cunha distancia baseada nas antigas unidades de medida. Pouco despois do nacemento desta actividade o alento popular cristalizou no club de atletismo vimiancés Terra de Soneira coorganizador do evento xunto coa A. C. Cherinkas e o Concello de Vimianzo.

A carreira nace imbuída do espírito do Asalto, de tal xeito que a chegada ao Castelo estará ambientada e decorada, alén dese momento final-monumento e da competición organizada no morrer do día.

Ademais, todas as idades terán acobillo nas distintas categorías que conforman a carreira.

Os actos da proba concluirán con animación musical no foso do castelo, alén da cerimonia de entrega de premios e do avituallamento líquido e sólido de rigor.

Desde o máis amable ánimo irmandiño convidámosvos a participar e a asaltar ás carreiras o castelo. Arde Soneira!

Revisa o regulamento da VII Legua Irmandiña 2023.

Inscríbete en galitiming.com

Consulta aquí as diferentes clasificación
Clasificación Abasoluta
Clasificación Benxamín e Alevín
Clasificación Infantil, Cadete e Xuvenil