Acreditacións de prensa e fotografía – XXI Asalto

Este sábado 2 de xullo celébrase o ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO, con actividades durante toda a semana. Unha festa ambientada no século XV referente en Galicia que este ano con máis de dúas décadas ás súas costas.

A entrada aos espectáculos é de balde, pero para a organización é preciso retirar ACREDITACIÓN DE PRENSA. Ademais iso permitirá acceder a determinados lugares aos que non pode acceder todo o público.

É suficiente con enviar a comunicacion@asaltoaocastelo.org  os datos da persoa (nome, apelidos e DNI), función e medio de comunicación ao que representa.
As acreditacións recolleranse o sábado no stand da organización até as 20.30h. A partir desa hora recolleranse directamente na zona de concertos no posto da organización. Despois haberá que devolver o distintivo a ese mesmo lugar.