17

Os trancos do portón

Descrición

Ingredientes: bacallau, menta, alfavaca, touciño entrefebrado, froitos vermellos, aceite, pan, ovo, manteiga.   Preparación: Cortamos o bacallau en tiras, quitamos a pel e espiñas. Poñemos a macerar en aceite de menta e alfavaca. Rebozámolo por fariña e ovo e frixímolo en aceite quente e colocamos sobre papel de cociña. Friximos o touciño entrefebrado ata que quede crocante. Poñemos a manteiga nun cazo cos froitos vermellos ata que quede cremoso. Friximos o pan para facer torradas e escorrémolas ben. Empratamos poñendo as tiras de bacallau entrecruzadas e a tira entrefebrada. Acompañado dun pouco de salsa nun lateral do prato e as torradas no outro.

Ónde atopala

Restaurante O Castillo