14

O foso dos Altamira

Descrición

Ingredientes: Espagueti negro, chipiróns, aceite, allo, espesante, viño branco e pirixel.   Preparación: Cócese a pasta, escórrese e resérvase. Límpanse os chipiróns, saltéanse con aceite e allo, engádese o espesante, flambéanse con viño branco para engadir o pirixel ao final. Sérvese en cazola de barro con espagueti no fondo e chipiróns por enriba.

Ónde atopala

Cervexería Quilmes