5

Galo real escabechado con recendo de cítricos

Descrición

Ingredientes: Peituga de polo, cenorias, cebolas, allos, loureiro, tomiño verde, champiñóns negros e brancos, vinagre de sidra, laranxas e limóns, pementa, sal e aceite de oliva.   Preparación: Póchase a cebola e o allo en aceite, salpiméntanse as peitugas e refóganse na pota ata dourar. Engádense os champiñóns, as cenorias e deixamos refogar co loureiro e o tomiño. Quitamos a pel da laranxa e do limón moi fina e picámola en xuliana para engadir, así como un toque final de zume de limón e laranxa xunto co vinagre. Deixamos todo a cocer.

Ónde atopala

Bodegón A Lareira