Prensa

A entrada aos espectáculos é de balde, pero para a organización é preciso retirar ACREDITACIÓN DE PRENSA. Ademais iso permitirá acceder a determinados lugares aos que non pode acceder todo o público.

É suficiente con enviar ao enderezo comunicacion@asaltoaocastelo.org os datos da persoa (nome, apelidos e DNI), función e medio de comunicación ao que representa.  As acreditacións recolleranse o sábado no stand da organización até as 20.30h. A partir desa hora recolleranse directamente na zona de concertos no posto da organización.

DOSSIER_ASALTO_2017: Nesta ligazón podedes descargar o programa de actividades ampliado para coñecer con detalle todo o que se vai facer e onde.