Restaurante Edreira

Nº circuito:

1

Descrición

Restaurante cunha extensa carta de pratos tradicionais galegos, entre os que cabe destacar os seus pescados da Costa da Morte, carnes de Tenreira Galega, unha variada repostería caseira e unha ampla carta de viños.

Localización

Enderezo: Lugar Ogas, 21

Teléfono: 981 716 474

Página web: http://www.restauranteedreira.com

Tapa

Roda do carro irmandiño

Roda do carro irmandiño

Ingredientes: caramelo, azucre, vinagre de viño branco, framboesas e costelas de porco. Elaboración: Caramelizamos o azucre co vinagre de viño branco a lume lento, engadimos as framboesas e deixamos reducir. Fanse as costelas a baixa temperatura no forno e píntanse co caramelo.