Pizzeria Hilton

Nº circuito:

13

Localización

Enderezo: Rúa Castelao, 10

Teléfono: 981 716 231

Facebook: https://www.facebook.com/PizzeriaHiltonVimianzo

Tapa

A lata da revolta irmandiña

A lata da revolta irmandiña

Ingredientes: Pescada, lagostinos, ovos, cebola vermella, cogombros encurtidos, aceite, vinagre, sal e perexil. Preparación: Cocemos os lagostinos 2 minutos desde que a auga ferva. Retiramos e nesa mesma auga cocemos a pescada 6 minutos. Por outro lado cocemos os ovos. Desde que estea frío, esmiuzamos a pescada e os lagostinos, cortamos os ovos, a cebola e os cogombros en cadradiños pequenos. Por outro lado facemos unha vinagreta, 3 partes de vinagre por unha parte de aceite. Mesturamos todos os ingredientes e deixamos enfriar no frigorífico.