Legua irmandiña

Ao abeiro da festa do Asalto ao Castelo, a celebrar no seu día central o sábado 7 de xullo de 2018, e con motivo da súa XXIII edición, foi demanda popular atendida artellar unha carreira popular vertebrada co Castelo e cunha distancia baseada nas antigas unidades de medida que terá lugar o sábado 30 de xuño a partir das 21:00h con distintas modalidades.

Por suposto, a carreira nace imbuída do espírito do Asalto, de tal xeito que a chegada ao Castelo estará ambientada e decorada, máis alá dese momento final monumento e da competición organizada no morrer do día.

Tamén por suposto, todas as idades terán acubillo nas distintas categorías que conforman a carreira.

En breves abrirase o prazo de inscrición.