Irmandade Parroquial

Iniciativa xurdida baixo a idea do asociacionismo. As parroquias, asociacións ou mesmo grupos guiados da comarca histórica da Terra de Soneira (concellos de Vimianzo, Zas, Laxe, Camariñas e Cabana) unidos por un espírito de colectividade poden participar na IV Irmandade Parroquial.

A Irmandade Parroquial consiste nun desfile de parroquias formadas por mulleres, homes, nenas e nenos de tódalas idades, que avanzarán dende diferentes puntos de saída ata chegar ao núcleo da vila, a praza do concello, co obxectivo de reivindicar a Revolta Irmandiña.

Os requisitos imprescindibles para poder formar parte da Irmandade Parroquial son os seguintes:

  • Ir vestidos de época medieval, preferiblemente de labregos, pescadores e artesáns.
  • Cada irmandade debe portar un estandarte, coa simboloxía que consideren, representando a súa parroquia. O pau do estandarte debe ter un diámetro non superior a 7 cm. de diámetro.
  • Todas as irmandades avanzarán ao ritmo dunha peza musical, polo que deberán levar instrumentos (gaitas, percusión…). No caso de non ser posible a organización pode facilitar a música, mais débese avisar coa suficiente antelación.
  • Un compoñente de cada Irmandade será o encargado de cravar o estandarte correspondente á súa parroquia nun cepo, unha vez chegados á praza do concello.
  • No caso de que algunha das irmandades poida levar cabalos (un ou dous, como máximo), os xinetes deberán ir tamén vestidos con traxes da época. Unha vez chegados á praza do concello, estes deberán retirarse, por seguridade, debido á aglomeración de xente que se acumula na praza.

Prégase confirmación de asistencia, número de asistentes de cada irmandade e existencia ou non de música propia, antes do 20 de xuño. Calquera dúbida sobre o funcionamento desta actividade agradecemos que vos poñades en contacto coa organización para unha maior coordinación do conxunto de entidades.

SÁBADO 1 DE XULLO 19:30 | (Praza do Concello)