Feira Artesanal

Con motivo da celebración da festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo, a A.C. CHERINKAS nesta XXII edición pretende asentar e fortalecer a VII FEIRA ARTESANAL que se celebrará o sábado 1 de xullo de 2017.

 

Encadrada no programa de actividades do Asalto ao Castelo, volverá a ter cabida na praza do Concello e na rúa Vázquez Mouzo e contará cos atractivos derivados da ampla variedade artística que animará esa zona en todo momento.

 

O prazo para apuntarse como feirante xa está aberto, os interesados en participar deberán ter en conta e aceptar as seguintes bases:

-Débese formalizar a inscrición en tempo e forma. O prazo para inscribirse remata o xoves 29 de xuño. A inscrición será realizada de forma telemática a través do formulario que aparece máis abaixo. Tamén se pode descargar desde este enlace.

-Debe aboar 20€ por cada tramo de 3 metros de posto (de 1 a 3 metros=20€, de 4 a 6metros=40€ e de 7 a 9 metros=60€), en concepto de fianza. O ingreso realizarase no seguinte número de conta (ES61 0133 6801 7942 0000 1284 – MicroBank-La Caixa). A metade dos cartos ingresados seranlle devoltos no caso da súa asistencia á feira, mentres que a outra metade servirá como fondo para a colaboración coa festa do Asalto ao Castelo.

-Debe aportar xustificante de pago, onde figure o nome e apelidos do feirante, o nome do posto e sinalando como concepto “FEIRA ARTESANAL”. Este pode ser fotografado ou escaneado e enviado a través do formulario que abaixo consta, ou mediante a conta de correo (info@asaltoaocastelo.org).

-Os postos colocaranse por orde de chegada nas zonas habilitadas para tal efecto o día da feira. Haberá zonas nas que estará prohibido colocarse, debido a que son zonas a usar pola organización da festa e necesarias para a realización das diversas actividades que se levarán a cabo ese día (ver plano ex profeso). En caso de que varios postos cheguen ao mesmo tempo terase en conta a orde de inscrición.

-Non se aceptan postos de revenda nin de produtos de segunda man, tan só postos de venta de produtos artesanais.

-Non se aceptan postos que ofrezan comida ou bebida. Non obstante, este ano aceptaranse postos de venda de produtos ecolóxicos/naturais que non estean destinados a ser consumidos durante a feira.

-Rógase que estea decorado e ambientado ao xeito do medievo na medida do posible.

-Rógase que os feirantes vistan ao xeito do Medievo, co fin de non desentoar no ambiente da festa.

-A organización resérvase o dereito a excluír, o propio día da feira, a aqueles postos que non cumpran coas bases aquí establecidas, quedando estes fora da feira artesanal. No suposto caso de realizar o ingreso e non cumprir coas bases actuais, os cartos non lle serán reembolsados. Do mesmo xeito, os cartos tampouco lle serán reembolsados se finalmente o posto non puidese asistir á feira.

 

Para máis información: info@asaltoaocastelo.org ou 665957289.

 

Formulario para reserva de espazo na Feira

Nome*

¿Participou en anteriores edicións da feira artesanal?*
SiNon

Procedencia*

E-mail*

Teléfono*

Medidas do seu posto*

Nome comercial do Stand*

Traballo artesanal e produto que comercializará*

¿Estaría interesado en que a feira continuase o domingo? (Este ano non se celebrará a feira o domingo)
SiNon

Xustificante de pago

 

 

*Campos obrigatorios.