Cea Medieval

Unha das actividades do Asalto que esperta máis interese é a Cea Medieval. Con dez edicións, xa é unha das actividades máis esperadas do Asalto e cada ano aumenta o número de peticións de entradas para degustar un menú propio da época no venres previo ao Asalto, este ano 2019 é 5 de xullo. O entorno no que se sitúa a cea, o foso do castelo, é un dos elementos que máis atrae ás xentes, sendo tamén o que limita o evento, pois nel non podemos reunir máis de 400 comensais.

 

Ao igual que o ano pasado, e co gallo de evitar calquera inxustiza, procedemos a aclarar como será o sistema de venda de entradas (prezo de 25 €) para a X edición da Cea Medieval.

1) Haberá un primeiro prazo de venda de entradas para patrocinadores e colaboradores. Este prazo finaliza o 26 de maio. O número máximo de entradas que se poden comprar é de 4 por persoa. As entradas terán que ser solicitadas a través dos seguintes medios festa@asaltoaocastelo.org ou 607 322 430 – preferiblemente por Whatsapp.
A xente que aínda non estea identificada como axudante e desexe botar unha man pode anotarse a través dos mesmos medios de contacto, ao mesmo tempo, para comprar entradas para a cea se o considera oportuno.

2) A partir do 28 de maio e até esgotar existencias poranse en venda as entradas que queden libres. O máximo número de entradas a sacar nesta fase será o de 4 por persoa. As entradas tan só se poderán obter a través do portal de venda online www.ataquilla.com.

 

Como gran novidade, este ano a organización aposta por dobrar a oferta musical da noite ofrecendo dous concertos diferentes. O toque de música tradicional marcarano os sons da Requinta da Laxeira e o punto gamberro e diferente o dúo de Blues do País.

A “Apertura de portas” para acudir aos concertos será a partir da 01h da madrugada, momento en que haberá música e festa a esgalla para todos aqueles que non puidesen conseguir entrada e en cambio puidesen continuar a festa cos Pinchos Irmandiños.

 01:00h: Concerto: Blues do País e A Requinta da Laxeira (entrada de balde)