Patrocinadores e colaboradores xa poden comprar a súa entrada para a Cea Medieval

Sen dúbida a cea no castelo de Vimianzo é unha das citas máis destacadas e que máis interese esperta da festa. Cada ano aumenta o número de peticións de entradas para degustar un menú propio da época no venres previo ao Asalto, este ano o 6 de xullo. O entorno no que se sitúa a cea, o foso do castelo, é un dos elementos que máis atrae ao público, sendo tamén o que limita o evento, pois nel non podemos reunir máis de 400 comensais.

As entradas da IX Cea Medieval, cun prezo de 25€, poñeranse á venda en dous prazos.

1) Aberto desde esta semana o primeiro prazo de venda de entradas para patrocinadores e colaboradores. Este prazo finaliza o 27 de maio. O número máximo que se poden comprar é de 4 por persoa. As entradas terán que ser solicitadas a través dos seguintes medios festa@asaltoaocastelo.org ou 607 322 430 – preferiblemente por Whatsapp.

A xente que aínda non estea identificada como axudante e desexe botar unha man pode anotarse a través dos mesmos medios de contacto, ao mesmo tempo, para comprar entradas para a cea se o considera oportuno.

2) A partir do 28 de maio e até esgotar existencias poranse en venda as entradas que queden libres. O máximo número de entradas a sacar nesta fase será o de 4 por persoa. As entradas tan só se poderán obter a través do portal de venda online www.ataquilla.com.