Participa no VI Concurso de Fachadas!

A organización do Asalto quere animar á veciñanza a decorar as súas casas e comercios e a participar no VI Concurso de Fachadas. Estas deberán estar engalanadas, como mínimo, venres 6 e sábado 7 de xullo durante todo o día, aínda que se recomenda que as fachadas luzan decoradas durante toda a semana da festa. A decisión do xurado tomarase atendendo aos criterios de orixinalidade, innovación e laboriosidade, dentro do respecto á ambientación medieval da festa.

Pode participar calquera casa, piso ou baixo comercial da vila de Vimianzo, quedando só excluídos os locais hostaleiros (bares, restaurantes e pensións). Unha mesma fachada pode ter distintos concursantes.

A inscrición formalizarase a través desta mesma web ou enviando un correo a festa@asaltoaocastelo.org no que debe constar: nome e apelidos do/a concursante, teléfono, enderezo exacto da fachada (ou piso) coa que participa. O prazo para presentarse ao concurso remata o martes 3 de xullo.

Bótalle un ollo aos participantes do ano pasado.