Convocatoria aberta para a representación do Asalto ao Castelo

O Asalto ao Castelo de Vimianzo convoca para o sábado 7 de abril ás 11h da mañá a todas as persoas que queiran participar na representación nocturna. Trátase do momento máis especial da festa, cando na medianoite do 7 de xullo, os irmandiños se levanten en armas contra os señores feudais.

Inseridos na conmemoración do 550 aniversario das Guerras Irmandiñas, este ano celébrase o aniversario do histórico ataque ao castelo, polo que a representación centrarase máis neste feito, sen abandonar por suposto o seu carácter diferencial, que é o de misturar actualidade con historia, humor co drama, e realismo con surrealismo.

Procúranse persoas de diferentes idades, polo que non hai límites específicos, máis que a petición de compromiso cos ensaios e as ganas de pasar unha noite moi especial facendo parte da propia historia da festa.

Todas as persoas voluntarias poden achegarse a esta convocatoria ou pedir máis información a través das diferentes redes sociais do Asalto ao Castelo.