Inscríbete na feira artesanal!

A praza do Concello de Vimianzo volverá encherse de novo de feirantes no sábado do Asalto, 1 de xullo. Deste xeito consolídase a sétima edición dun mercado baseado na artesanía e produtos ecolóxicos. A feira combínase con diferentes actividades da programación do sábado que fan que en todo momento haxa algo que facer.

O prazo para apuntarse como feirante xa está aberto e remata o xoves 29 de xuño. Cómpre lembrar que na VII Feira Artesanal non se poden vender produtos destinados a seren consumidos durante a propia feira. Si está aberta á artesanía e produtos ecolóxicos. Outro elemento imprescindible a ter en conta é que se debe ambientar o posto ao estilo do medievo e tamén ir vestidos da época.

Para poderen participar, os interesados deben abonar 20 euros (por cada tramo de tres metros de posto) en concepto de fianza no seguinte número de conta (ES61 0133 6801 7942 0000 1284) dos cales 10€ seranlle devoltos no caso da súa asistencia á feira, mentres que os outros 10 servirán como fondo para a colaboración coa festa do Asalto ao Castelo. No caso de non asistir, non lle serán reembolsados os 20€. Debe achegar xustificante de pago, onde figure o nome e apelidos do feirante, o nome do posto e sinalar como concepto “FEIRA ARTESANAL”. Este pode ser fotografado ou escaneado e envialo a través do formulario na web http://www.asaltoaocastelo.org/feira-artesanal/ ou á conta de correo (info@asaltoaocastelo.org).

Os postos colocaranse por orde de chegada nas zonas habilitadas para tal efecto o día da feira. Haberá zonas nas que estará prohibido colocarse, debido a que son zonas a usar pola organización da festa e necesarias para a realización das diversas actividades que se realizarán ese día. En caso de que varios postos cheguen ao mesmo tempo terase en conta a orde de inscrición.

Para máis información e consulta das bases completas: info@asaltoaocastelo.org ou 665957289.