Segue aberta a exposición 20 anos de asalto

monstroNa sala Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo permanecerá aberta ao público durante todo o verán, meses de xullo e agosto, a exposición “ 20 ANOS DE ASALTO”, organizada polas Asociacións Cherinkas e Axvalso e o concello de Vimianzo, conmemorando o vixésimo aniversario desta celebración.

Nesta exposición combínanse elementos gráficos, materiais e audiovisuais alusivos á historia do Asalto:

Así poderanse contemplar 20 paneis pendurados, onde figuran os carteis, unha selección de fotos de cada edición e textos explicativos.

E acompañando ás vitrinas centrais onde se expoñen diversas publicacións, camisetas e merchandising, figuran tamén expostos elementos materiais significativos dos diferentes Asaltos: O carro; a gaiola; o ariete utilizado no Asaltiño; varias vestimentas; a cabeza do Monstro do Castelo, creación do deseñador Suso Montero, e que foi unha personaxe protagonista en dramatizacións de diversos edicións; e mesmo unha prenda, a “chupa” utilizada desde o primeiro ariete, no III asalto, aló polo 1998…

Así mesmo, na exposición, un reprodutor de vídeos proxecta imaxes históricas dos primeiros Asaltos.ASALTO CDRX todos los carteles