Comeza a VIII ruta dos Pinchos Irmandiños

NP12_Cartazo_pinchosUnha vintena de locais de Vimianzo participarán nesta oitava edición dos Pinchos Irmandiños, que se repartirán dende o martes 20 de xuño até o sábado 4 de xullo, pola mañá entre as 12h e as 15h e pola tarde das 19h ás 23h (como horario mínimo).

O que fai diferente á ruta de pinchos de Vimianzo das demais é que todo alimento que non fora descuberto no país antes do século XV queda totalmente prohibido na elaboración dos pratos, tendo que utilizar así os cociñeiros unha maior creatividade.

Os puntos de servizo de petiscos distribúense por toda a vila. Son a Parrillada Edreira, o Restaurante Vázquez, o Restaurante Pastoriza, a Parrillada Montevideo, a Cervexería Risco, o Bodegón A Lareira, o Café-Bar Happy Day, o Bar Marquiñas, o Bar Agocho, o Bodegón O Petouco, o Dialma-CoffeLounge, o Celme Café, o Café-Bar A Rúa, a Pizzería Hilton, o Restaurante Vía Rápida, a Cervexería Quilmes, o Café-Bar Bibendum, o Bar Grupo Xoven, a Casa Sabina, o Restaurante O Castillo e o propio stand da organización na praza do Concello, que dará o toque doce da ruta. Podes ver o detalle dos pinchos na sección Pinchos Irmandiños.

Como cada ano, haberá agasallos irmandiños até fin de existencias para aqueles que completen algunha das rutas suxeridas: a Ruta Mínima (10 selos) e a Ruta Total (20 selos). Este ano, a cartolina terase que entregar en calquera dos seguintes locais: Parrillada Montevideo, Café-Bar Bibendum, Celme Café ou Café-Bar Happy Day.

Amais, entre os que completen calquera das rutas sortearase un pack de produtos Mahou en función do peso da persoa gañadora.

Aplicación móbil dispoñible
Ao igual que o ano pasado haberá unha aplicación móbil, xa descargable para Android e iPhone, pola que poderás seguir a ruta dos Pinchos Irmandiños a través do teu teléfono. Tan só hai que buscar a app “Pinchos Irmandiños Vimianzo” na Apple Store ou Play Store.