A gravación do CD “Irmandiño Son” unha das novidades do 20º Asalto

Unha das grandes novidades desta XX edición do Asalto ao Castelo 2015 acaba de poñerse en marcha.

A aposta pola música, a través de 12 artistas ou grupos, plasmarase na gravación en estudo dun CD, baixo o título de Irmandiño Son, onde diferentes formacións, desde o seu estilo, crearán unha canción inspirada nunha historia irmandiña.

Este CD nace baixo o amparo da A.X.Cherinkas e do Concello de Vimianzo e verá a luz unhas semanas antes do grande día do Asalto, isto é, no mes de Xuño.

Os artistas, todos vimianceses, que veñen de sumarse ao proxecto son:

1- Asalto ao Castelo (Teatro)
2- Perkuchanga (Repercusión-charanga)
3- Efra Dj (Electrónica)
4- Civiero (Rap, Hip-hop)
5- Animundis (Música Contemporánea)
6- Bastardos de Rivera (Punk)
7- A. C. Trubisquiña (Tradicional)
8- Moai (Rock)
9- Troitamundos (Rock)
10- Fugao´s (Pop)
11- Suso Quinito (Música de autor)
12- Coral Lusco e Fusco (Coral)

Agora mesmo, comeza a fase de creación, a cal rematará en marzo, para a partir de aí proceder a gravación, edición e masterización do disco.