O Asalto ao Castelo de Vimianzo sobrevive á chuvia‏

10350513_904351102912481_4793585013977148559_nVistas as predicións meteorolóxicas e os anuncios de chuvia e mal tempo, o Asalto ao Castelo de Vimianzo quere confirmar que non vai cancelar ningún dos seus plans.

Esta noite celébrase a V Cea Medieval no foso do castelo. Segundo as predicións non caerán chuvias importantes, a zona quedará baixo unha brétema espesa con sensación de humidade, algo que non vai impedir que se celebre no foso a Cea Medieval, mesmo lle dará un toque misterioso á cita!

Por outra parte, os actos do día de mañá mantéñense todos á mesma hora. O mesmo pasa cos da noite, iso si, co anuncio de chuvias para a madrugada, xa se está a instalar unha carpa para gorecer ós visitantes e que poidan gozar igualmente da música folk, que como lembrades traerá a Vimianzo a Samarúas, Kepa Junkera, Susana Seivane e Muyayo Rif.