1467-2017 Celebramos os 550 anos de Guerra Irmandiña

comic1468

“1468” de Rubén Rial. Banda deseñada editada polo Asalto.

Vai ser este un ano especial para o Asalto ao Castelo, pois hai 550 anos que nestas terras se escoitaban as noticias do comezo dunha gran revolución: a das irmandades. Na Terra de Soneira íase preparando o ataque contra a gran fortaleza da comarca: o castelo de Vimianzo. Desde el impartíase terror e a xustiza feudal a todos os habitantes das terras da xurisdición (hoxe, repartidas entre os concellos de Camariñas, Laxe, Zas, Muxía e o propio Vimianzo). Era clave atacar o centro de todo este abuso de poder.

A historia revive este comezo de verán coas diferentes actividades que che propoñemos. Segue atento ás nosas redes sociais para non perder punto do que vai pasar este XXII Asalto ao Castelo de Vimianzo.

foto-portada-facebook_18_01